É necesario facer a reserva de praza para o alumnado que
vai pasar para o curso que ven ao CEP Marcos da Portela.
O prazo abrangue do
15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
A nova normativa di que
“…a solicitude debe presentarse preferiblemente por vía electrónica…”
Aquí tedes a información de cómo facelo https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/#
Opcionalmente ponderase presentar as solicitudes
presencialmente no centro.
RESUMINDO:
· haberá que cubrir un formulario (ED550A)mediante a aplicación: “admisionalumnado”
en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de
Galicia: https://sede.xunta.gal para o que se precisará de Chave365 ou
certificado dixital.
Ao entrar nesta páxina aparece un
menú no lado esquerdo e debes premer en:
solicitudes > reserva > crear e xa debedes cubrir todos os datos que
vos preguntan.
· Opcionalmente pódese cubrir o
formulario (ED550A), que se facilitará
no centro a quen o solicite, y entregalo
no noso colexio ou tamén en calquera dos lugares que establece
a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo.
Tamén podes cubrilo entrando nun dos seguintes enlaces, imprimilo, asinalo e presentalo no centro.
Si decidides esta opción, o horario de
recollida do formulario serán os seguintes días e horas:
Martes de 16:00 a 16:30 horas
Mércores e Venres de 09:00 a
09:30 horas
· Os formularios debe vir con todos
os datos que se solicitan cubertos, sin tachaduras, coa data e coas firmas correspondentes, no caso contrario serán devoltos
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE
RESERVA/ADMISIÓN DO ALUMNADO
DECRETO DE ADMISIÓN:
DECRETO
13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en
centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de
segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación
secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006,
de 3 de mayo, de educación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.html
ORDE DE ADMISIÓN:
ORDE do 21 de
outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e
se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos
con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación
infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de
bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
(códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
IMPORTANTE:
a reserva adquirirá carácter vinculante, e dicir, non se poderá solicitar
admisión noutro centro; É INCOMPATIBLE. Polo tanto, aquela familia que teña
pensado solicitar praza para o seu fillo/a noutro centro distinto ao Marcos da
Portela, NON debe cubrir esta reserva de praza.
No caso de presentar a admisión no Marcos da Portela, e acordar máis tarde cambiar de colexio, debe presentar RENUNCIA Á RESERVA antes do 28 de febrero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario