COÑÉCENOS


















     O noso Centro é unha Escola exclusiva  de Educación Infantil dependente da Consellería de Educación, que imparte ensinanzas do 2º Ciclo.

     Actualmente o centro conta con 5 unidades que se reparten entre os tres niveis educativos do seguinte xeito:

  •  1 unidades de 4º EI,
  •  2 unidades de 5º EI e
  •  2 unidades de 6º EI.

       O centro conta, dentro das súas instalacións, con biblioteca, aula taller de cociña, aula de audiovisuais , inglés e psicomotricidade, departamento de orientación, aula de apoio, aula para a estimulación da linguaxe oral, ordenadores  e Pizarras Dixitais en todas as aulas, aulas de gran tamaño  con baños no interior para os mais cativos. Ampla zona de xogo cuberta con chan adaptado, patio inclusivo, zonas verdes, aseos adaptados, salón de actos, comedor e horta escolar.

  O persoal docente confórmano 7 mestras especialistas en Educación Infantil, un mestre especialista na Lingua Inglesa, unha  mestra de Audidión e Linguaxe, e mestre de Relixión Católica, unha mestra de pedagoxía terapéutica comoartida. Contamos tamén con Departamento de Orientación para as familias e profesorado.

  Como persoal non docente: coidadora para alumnado que presenta necesidades educativas especiais, conserxe e persoal de limpeza.

      Así mesmo ofrecemos numerosos servizos, como transporte escolar gratuito (dúas rutas), Plan Madruga dende ás 7:30h, Comedor, e Actividades Extraescolares propostas pola Asociación de nais e pais "Os Campos".
    
      Contribuímos ao desenrolo físico, afectivo, social e intelectual dos nenos e nenas, basando o noso método de traballo nas experiencias, nas actividades e no xogo, creando sempre un ambiente de afecto e confianza para potenciar a autoestima e integración social.

    Contemplamos como principio a diversidade do alumnado, adaptando a práctica educativa ás características persoais, necesidades, intereses e estilo cognitivo dos nenos/as. 

     O traballo por proxectos fai que empreguemos unha aprendizaxe significativa, unha aprendizaxe que pretende partir do que os nenos/as xa saben, para chegar ao que queren saber, creando constantemente na aula situacións que estimulen ao alumnado na toma de decisións, no análisis, na reflexión, etc., favorecendo o ensino por descubrimento e un coñecemento contruido por un mesmo/a (constructivismo).

      A avaliación terá como fin a identificacións das aprendizaxes consolidadas polo alumnado, así como o desenrolo alcanzado.
    

      MOMENTOS DE RECREO