O noso Centro é unha Escola exclusiva de Educación Infantil dependente da Consellería de Educación, que imparte ensinanzas do 2º Ciclo.
Actualmente o centro conta con 6 unidades que se reparten entre os tres niveis educativos do seguinte xeito: 2 unidades de 4º EI, 2 unidades de 5º EI e 2 unidades de 6º EI.
O centro conta, dentro das súas instalacións, con biblioteca, aulas de Plástica, Música, Inglés e Psicomotricidade, departamento de orientación, aula de apoio, aula para a estimulación da linguaxe oral, ordenadores e Pizarras Dixitais en todas as aulas, aulas de gran tamaño e con baños no interior para os mais cativos, ampla zona de xogo cuberta con chan adaptado, patio inclusivo, zonas verdes, aseos adaptados, Salón de Actos, comedor e horta escolar.
O persoal docente conformano 8 mestras especialistas en Educación Infantil, un mestre especialista na Lingua Inglesa, unha mestra de Audidión e Linguaxe, e mestra de Relixión Católica. Contamos tamén con Departamento de Orientación para as familias e profesorado.
Como persoal non docente: coidadoras para alumnado que presenta necesidades educativas especiais, conserxe e persoal de limpeza.
Así mesmo ofrecemos numerosos servizos, como transporte escolar gratuito (dúas rutas), Plan Madruga dende ás 7:30h, Comedor, e Actividades Extraescolares propostas pola Asociación de nais e pais "Os Campos".
Contribuímos ao desenrolo físico, afectivo, social e intelectual dos nenos e nenas, basando o noso método de traballo nas experiencias, nas actividades e no xogo, creando sempre un ambiente de afecto e confianza para potenciar a autoestima e integración social.
Contemplamos como principio a diversidade do alumnado, adaptando a práctica educativa ás características persoais, necesidades, intereses e estilo cognitivo dos nenos/as.
O traballo por proxectos fai que empreguemos unha aprendizaxe significativa, unha aprendizaxe que pretende partir do que os nenos/as xa saben, para chegar ao que queren saber, creando constantemente na aula situacións que estimulen ao alumnado na toma de decisións, no análisis, na reflexión, etc., favorecendo o ensino por descubrimento e un coñecemento contruido por un mesmo/a (constructivismo).
A avaliación terá como fin a identificacións das aprendizaxes consolidadas polo alumnado, así como o desenrolo alcanzado.
- Dirección: Rúa Reino Unido 18, Monte Porreiro. 36162(Pontevedra)
- Teléfono: 886151578
- Fax: 886 15 15 79
- Correo-e:
- Horario: de 8:55h a 13:55h.
MOMENTOS DE RECREO