Páginas

Páginas

Páginas

Páginas

RESERVA DE PRAZA 2025/26

 

É necesario facer a reserva de praza para o alumnado que vai pasar para o curso que ven ao CEP Marcos da Portela.

 O prazo abrangue do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

 

A nova normativa di que  …a solicitude debe presentarse preferiblemente por vía electrónica…”

Aquí tedes a información de cómo facelo https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/# 

Opcionalmente ponderase presentar as solicitudes presencialmente no centro.

 

 RESUMINDO:

 

· haberá que cubrir un formulario (ED550A)mediante a aplicación: “admisionalumnado” en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

Ao entrar nesta páxina aparece un menú no lado esquerdo e debes premer en: solicitudes > reserva > crear e xa debedes cubrir todos os datos que vos preguntan.

 

·     Opcionalmente pódese cubrir o formulario (ED550A), que se facilitará no centro a quen o solicite, y entregalo no noso colexio ou tamén en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo.

Tamén podes cubrilo entrando nun dos seguintes enlaces, imprimilo, asinalo e presentalo no centro.       

   

     Si decidides esta opción, o horario de recollida do formulario serán os seguintes días e horas:

 

Martes de 16:00 a 16:30 horas

Mércores e Venres de 09:00 a 09:30 horas

 

· Os formularios debe vir con todos os datos que se solicitan cubertos, sin tachaduras, coa data e coas firmas correspondentes, no caso contrario serán devoltos


 

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE RESERVA/ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

DECRETO DE ADMISIÓN:

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.html

 

ORDE DE ADMISIÓN:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html


 

IMPORTANTE: a reserva adquirirá carácter vinculante, e dicir, non se poderá solicitar admisión noutro centro; É INCOMPATIBLE. Polo tanto, aquela familia que teña pensado solicitar praza para o seu fillo/a noutro centro distinto ao Marcos da Portela, NON debe cubrir esta reserva de praza.

No caso de presentar a admisión no Marcos da Portela, e acordar máis tarde cambiar de colexio, debe presentar RENUNCIA Á RESERVA antes do 28 de febrero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario