Queridas familias:
Queremos informarvos de que o vindeiro venres día 3 de abril recibiredes a través da aplicación REMIND os boletíns informativos do segundo trimestre deste curso académico, despois das avaliacións feitas polo equipo docente por medios telemáticos.
Os traballos do trimestre do alumnado entregaránse unha vez que esteamos incorporados ao cotidiano despois de que finalice esta situación de estado de alarma.
Un saúdo e a seguir co mellor ánimo posible. Moita forza!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario