Queridas familias: esperamos que vos atopedes ben.
Queremos informaravos que o curso comenza o día 10 de setembro para o alumnado de 4º e 5º curso de infantil. O día 11 de setembro comenzarán os de 6º curso de infantil, segundo establece a Xunta de Galicia.
Estamos traballando para que todo funcione con tranquilidade e cos mínimos riscos posibles para a saúde.
Durante todo este tempo estivemos a traballar para elaborar o protocolo de adaptación ao COVID-19 do centro para este curso, atendendo as normas dictadas polas autoridades sanitarias e educativas.
Neste protocolo modifícase a organización de actuación do centro que tiñamos os cursos anteriores, para adaptarnos as normas COVID-19 e queremos dárvolos a coñecer, polo que vos imos convocar a unha reunión por cursos, adaptando todas as medidas precisas indicadas por sanidade. A esta reunión só poderá vir un adulto por alumno/a e ningún neno/a. Farémola no patio, ao aire libre gardando as distancias recomendadas e con máscara.
As datas de convocatoria para a reunión son as seguintes:
DÍA 7 DE SETEMBRO:
- 4º A de 09:30 a 10:30 horas
- 4º B de 11:30 a 12:30 horas
- 5ºA de 13:00 a 14:00 horas
- 5ºB de 09:30 a 10:30 horas
- 6ºA de 11:30 a 12:30 horas
- 6ºB de 13:00 a 14:00 horas
Por outra banda queremos informarvos xa dos horarios de entradas e saídas, que serán en dúas quenda para evitar aglomeracións no recinto.
HORARIOS DE ENTRADAS E
SAÍDAS
GRUPOS
A (4ºA, 5ºA e 6ºA)
- ENTRADA: 08:55
horas
- SAÍDA: 13:40
horas
GRUPOS B (4ºB, 5ºB, e 6ºB)
- ENTRADA: 09:10horas
- SAÍDA: 13:55 horas
Cada nivel ten adxudicada unha porta de entrada e saída das aulas ao longo de todo o curso, que hai que respectar:
· 4º curso: entrada e saída pola cancela do patio
con acceso ao 1º andar.
· 5º curso: entrada e saída polas portas da
fachada principal (5ºA porta dereita. 5ºB porta esquerda)
· 6º curso: entrada e saída pola rampa traseira do
patio de acceso ao 2º andar
No hay comentarios:
Publicar un comentario