domingo, 17 de marzo de 2013

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/14. Do 5 ao 17 de abril.

Quen debe facer a solicitude de admisión?
O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez e o alumnado matriculado que desexe cambiar a outro centro.

Como se fai?
 Entregando o impreso de solicitude (anexo II)que se facilitará no centro, totalmente cuberto e asinado e presentando a documentación que indica o normativa.

Que documentación hai que entregar?

  • Anexo II cuberto e asinado (recóllese no centro)
  • Libro de familia e fotocopia da folla onde consta o alumno/a 
  • Certificado do padrón municipal
  • Certificación acreditativa de discapacidade, se é o caso, do alumno/a ou do pai, nai ou irmán.
  • Acreditación da condición de familia numerosa, se é o caso.  
Onde e cando se entrega a documentación?
Na secretaría do Centro nos seguintes días e horarios:
LUNS, MÉRCORES, XOVES E VENRES de 09:00 a 09:30 hrs
MARTES de 16:00 a 17:00 hrs
O prazo abranque do 5 ao 17 de abril.

Cal é a normativa?
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos...

A RECOLLIDA DO IMPRESO (ANEXO II) SERÁ A PARTIR DO DÍA 2 DE ABRIL EN HORARIO LECTIVO.

RESERVA DE PRAZA: DO 18 AO 22 DE MARZO


Quen debe facer a reserva de praza?
O alumnado que pretenda continuar estudos no Centro adscrito, neste caso no CEP Marcos da Portela.
Como se fai?
Devolvendo o anexo I que se vos enviou, totalmente cuberto e asinado na secretaría do noso cole
Cando hai que facelo?
Do 18 ao 22 de marzo
Que dí a normativa?
"...a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro... coa conseguinte perda da prioridade..."  (orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado... artigo11)

lunes, 25 de febrero de 2013

CENTROS DE ENSINO DE MONTE PORREIRO

O vindeiro XOVES 7 de MARZO ás 19:00 HORAS na nosa Escola, celebraremos un día de PORTAS ABERTAS para todas as familias con nenos/as en idade de escolarización (nacidos no ano 2010), que teñan interese en coñecer as instalacións e a oferta educativa do noso Centro.

ESPERÁMOSVOS!! Estaremos encantadas de recibirvos.

RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR



Contamos con dúas rutas de transporte coas seguintes paradas:

RUTA DE MOURENTE:
Cons, Pazos Mourente, Eirós, Casas Novas, A Paloma, Os Campos, Rúa Portugal, IES Luis Seoane, EEI Fina Casalderrey, CEP Marcos da Portela.

RUTA DE A PARDA:
Pasarela (parada bus 12 novembro), Avd. Juan Carlos I (esquina Ricardo Portela. Rotonda), Avda. Juan Carlos I ( frente Novagalicia Banco), Avda de Lugo (Midas), CEIP Villaverde, EEI Fina Casalderrey



miércoles, 20 de febrero de 2013

ARTIGO RECOMENDADO

ARTIGO RECOMENDADO: SOBRE A PRESIÓN SOCIAL CARA A ESCRITURA E LECTURA NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

"los profesores de primaria se quejan de que los niños llegan de la infantil sin saber lo suficiente; los de secundaria se quejan de lo mismo con respecto a la primaria y los de universidad, ídem de ídem. Pero, entre quejas entrecruzadas y manoseadas, ¿y si resulta que el problema de raíz es que nos estamos saltando pasos?"

http://elpais.com/diario/2009/10/29/sociedad/1256770801_850215.html



lunes, 4 de febrero de 2013

PROGRAMA RECOMENDADO " SALVADOS: CUESTIÓN DE EDUCACIÓN"



ESTA É UNHA DAS PARTES QUE SE ATOPAN EN YOUTUBE,OU NA PROPIA PÁXINA DA SEXTA, DAS QUE SE EMITIRON ESTE DOMINGO NA SEXTA, NO PROGRAMA SALVADOS-CUESTIÓN DE EDUCACIÓN.
RECOMENDAMOS DARLLE UN TEMPO A VER ESTE EXCEPCIONAL DOCUMENTAL POR COMPLETO, XA QUE TRATA SOBRE A REALIDADE DA EDUCACIÓN PÚBLICA ACTUAL E O SEU FÚTURO.

domingo, 3 de febrero de 2013

ALL TOGETHER NOW-VERSIÓN DA CANCIÓN DOS BEATLES





FANTÁSTICO TRABALLO E MONTAXE FEITO POLA TEACHER LUCÍA COS NOSOS RAPACES!

TEATRO NO CEIP MARCOS DA PORTELA

O PASADO MÉRCORES 30 DE XANEIRO, OS NENOS DE 2º DE PRIMARIA DO CEIP MARCOS DA PORTELA, CONVIDARON AOS RAPACES DE 6º NIVEL A VER UNHA ACTUACIÓN QUE TIÑAN PREPARADA PARA CELEBRAR O DÍA DA NO VIOLENCIA.
CONTARON UN CONTO E LERON POEMAS

 ESTIVEMOS MOI ATENTOS!

LOGO FIXERON UNHA OBRA OUTROS RAPACES


PORTAMOS MOI BEN COMO NEN@S MAIORES QUE SOMOS!

OS RAPACES DO CEIP O FIXERON FENOMENAL, QUE GRAN TRABALLO FIXERON!


AO REMATAR, TIÑAN UNHA SORPRESA MOI DOCE... UNHAS PIRULETAS DE CORAZON!



MOITAS GRACIAS POR INVITARNOS E TRATARNOS TAN BEN!

SORPRESAS DE NADAL


FESTA DO OUTONO


lunes, 5 de noviembre de 2012

FESTA DO OUTONO

O mércores 31 de Outubro, festexamos na nosa escola a festa do Outono, foi moi divertida!

Chegamos a escola pola mañá con moito medo, porque  non había nenos nas filas, non, non...estaba chea de arrepiantes brux@s, zombis, pantasmas...tod@s con ganas de asustar e pasalo ben.

Visitamos ao longo da maña a exposición de cabazas que tivo lugar no salón de actos, e na que participaron as familias...MOITíSIMAS GRACIAS! sen a vosa participación non houbese sido posible.

Despois, no patio, degustamos as ricas castañas que prepararon con moito agarimo os papas e mamas do ANPA, e bailamos e xogamos no patio. 

A volta do recreo, vimos un corto de medo que nos encantou, tanto, que cando rematou era case a hora de ir para a casa e ninguén quería marchar!!


Foi unha festa xenial!!!!