O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez e o alumnado matriculado que desexe cambiar a outro centro.
Como se fai?
Entregando o impreso de solicitude (anexo II)que se facilitará no centro, totalmente cuberto e asinado e presentando a documentación que indica o normativa.
Que documentación hai que entregar?
- Anexo II cuberto e asinado (recóllese no centro)
- Libro de familia e fotocopia da folla onde consta o alumno/a
- Certificado do padrón municipal
- Certificación acreditativa de discapacidade, se é o caso, do alumno/a ou do pai, nai ou irmán.
- Acreditación da condición de familia numerosa, se é o caso.
Onde e cando se entrega a documentación?
Na secretaría do Centro nos seguintes días e horarios:
LUNS, MÉRCORES, XOVES E VENRES de 09:00 a 09:30 hrs
MARTES de 16:00 a 17:00 hrs
O prazo abranque do 5 ao 17 de abril.
Cal é a normativa?
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos...
A RECOLLIDA DO IMPRESO (ANEXO II) SERÁ A PARTIR DO DÍA 2 DE ABRIL EN HORARIO LECTIVO.
A RECOLLIDA DO IMPRESO (ANEXO II) SERÁ A PARTIR DO DÍA 2 DE ABRIL EN HORARIO LECTIVO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario