PROCESO DE ADMISIÓN 2024/25

 

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

    Comunicamos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no noso Centro, dentro do plazo establecidoqueda admitido na súa totalidade.

    Podedes consultalo  por teléfono,  ou na aplicación "admisionalumnado", tamén estará o listado  exposto no interior do Centro para consultar de forma individual.

    (poderse formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar)

Recordade que, seguindo o calendario de admisión, o 15 de marzo sairán as listaxes definitivas.

Despois entraremos no proceso de formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño


-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


NON SE BAREMA:

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024/2025 informamos de que,

NON HABERÁ QUE PRESENTAR DOCUMENTACIÓN PARA BAREMAR.

As listaxes provisionais publicaranse o 25 de abril na web do centro e as definitivas15 de maio. Tamén se poden informar no teléfono: 886 15 15 78

 

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño


--------------------------------------------------------


ATENCIÓN!!


LEA TODA A INFORMACIÓN DESTA PÁXINA ATA O FINAL PARA OBTER TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISA (calendario, documentación a entregar, opcións para presentala, oferta de prazas etc.)

(toda esta información tamén se atopa no taboleiro  do colexio)


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DE  ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025. 

DO 1 AO 20 DE MARZO 

_____________________________________________________



NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE

 RESERVA/ADMISIÓN DO ALUMNADO


 

DECRETO DE ADMISIÓN:

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.html

 

ORDE DE ADMISIÓN:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html


__________________________________________________________




CALENDARIO DE TODO O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

Do 1 ao 20 de Marzo

 

 

Presentación de solicitudes de admisión

 (20 de marzo inicia Fóra de prazo 1)

 

Do 21 de Marzo

ao  5 de Abril

 

Presentación documentación xustificativa dos criterios de baremo

( solicitaráse só no caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles)

 

 

25 de abril

 

Publicación da listaxe PROVISIONAL de admitidos e non admitidos

Despois deste día haberá  5 días hábiles para reclamacións dirixidas ao Consello Escolar do Centro.

(Fín de Fóra de prazo 1

Inicio de Fóra de prazo 2

)

 


15 de Maio

 

 

Publicación das listaxes DEFINITIVAS



 

Do 20 ao 30 de xuño

 

Formalización de matrícula















































__________________________________________________________



NOTA INFORMATIVA 

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado…no artigo 5, punto 2f, hai que ter en conta que:

 

1.    Na solicitude de admisión poderáse pedir ata seis (6) centros por orde de preferencia, sendo no primeiro centro solicitado no que ten que dirirxir esta solicitude.

      Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a  ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2.   A solicitude de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

3. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído)poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde sinalada anteriormente. 


Poderáse consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).


A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.   


__________________________________________________________



ÁREAS DE INFLUENCIA E OUTRAS INFORMACIÓNS DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL “FINA CASALDERREY”

Código

36013837

Enderezo Postal

Reino Unido 18, 36162 Pontevedra

Correo electrónico

eei.fina.casalderrey@edu.xunta.es

Teléfono

886 15 15 78

Blog

escolafinacasalderrey.blogspot.com.es

 

 

 

 

CURSO 2022/23   

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

4º curso

 

5º curso

 

6º curso

 

UNIDADES

 

 

2

 

 

 

2

 

 

2

 

HORARIO

 

De 08:55 a 13:55 hrs

 

 

 

SERVICIOS

 

PLAN MADRUGA

Si. ANPA - Concello

 

COMEDOR

Si. ANPA - Concello

 

TRANSPORTE ESCOLAR

SI. Xunta

 

 

 

 

RUTAS TRANSPORTE

 

 

RUTA A PARDA: Avd. Lugo (Muebles Gonzamar), A Paloma, Os Campos, EEI Fina Casalderrey

 

 

RUTA MOURENTE: Cons, O Pazo (Mourente), Eirós, Casas Novas, A Paloma, Os Campos,  Rúa Portugal (Rotonda)

 

 

ADSCRICIÓN

 

 

 CEP MARCOS DA PORTELA  

 




ÁREA DE INFLUENCIA

 

PERÍMETRO:

 

NORTE: Río Lérez

OESTE: Vía do ferrocarril desde a ponte sobre o río ata a intersección da mesma vía coa rúa Prado Novo.

SUR: rúa Prado Novo (beirarrúa norte) ata Amor Ruibal (beirarrúa leste), Loureiro Crespo (desde intersección con Amor Ruibal ata intersección con San Amaro (beirarrúa norte), Avd. Lugo (beirarrúa norte e oeste)

LESTE: N-541 ata límite do Concello incluíndose as vivendas situadas da beirarrúa do lado esq.de dita estrada sentido Ourense.

Quedan excluídos deste perímetro todos os lugares pertencentes á parroquia de Bora.

 

 

ÁREAS LIMÍTROFES

 

 

Son zonas limítrofes as áreas de influencia dos centros CEIP de Vilaverde-Mourente, do CEIP Manuel Vidal Portela e CEIP San Benito de Lérez.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Organizadas pola ANPA. Varían en función da oferta de cada curso.



A ADMISIÓN E A MATRICULACIÓN NUN CENTRO DOCENTE PÚBLICO, IMPLICARÁ RESPECTAR O SEU PROXECTO EDUCATIVO 


__________________________________________________________


DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

         



Debes presentar unha destas solicitudes (en galego ou en castelán, como prefiras) cuberta informáticamente e asinada por quen  corresponda.

Ademáis debes aportar a seguinte documentación:

  1. copia completa do libro de familia
  2. sentenza xudicial no caso de separación/divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor
  3. DNI dos membros da unidade familiar, só no caso de que se opoña a consulta de datos do ANEXO II  ás Administracións públicas.
  4. No caso de optar a unha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, achegarase a documentación que acredite dita petición.
  5.  No caso de alegar situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais económicos ou culturais, achegarán o informe dos servizos oficiais competentes.



No caso de que falte algún destes documentos ou que os impresos veñan sen cubrir e sen  firmar totalmente, non se recollerá a documentación.



BAREMACIÓN:

No caso de que se presenten máis solicitude que prazas que ofertamos, haberá que presentar entre o 21 de marzo e o 3  de abril, máis documentación que anunciaremos por este mismo medio e no taboleiro do centro.



__________________________________________________________


COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÒN

A nova normativa di que  …a solicitude debe presentarse preferiblemente por vía electrónica…” e así queda presentada na Sede Electrónica.

Nese caso haberá que cubrir un formulario (ED550A)mediante a aplicación:“admisionalumnado”en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. 

        Ao entrar nesta páxina aparece un menú no lado esquerdo e debes premer en: solicitudes > admisión > crear e xa debedes cubrir todos os datos que  preguntan 

     Despois deben    confirmar os datos que cubristes premendo no botón “Confirmar” 

    E posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, SEMPRE QUE O PROCESO DE FIRMA REMATA CORRECTAMENTE, e ademáis debe achegar escaneada toda a documentación que se lle solicita.


IMPORTANTE: Non debe esquecer de  achegar tamén o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, (ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).


A normativa tamén dí que opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro de dous xeitos:

1. CUBRIR A SOLICITUDE INFORMÁTICAMENTE E PRESENTALA ASINADA DE XEITO MANUAL NO CENTRO:

Entrar  en admisionalumnos en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado , seleccionar a opción do menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios que se solicitan.

Despois de cubrir os datos, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro xunto coa outra documentación que se solicita


2CUBRIR A SOLICITUDE MANUALMENTE E PRESENTALA ASINADA PRESENCIALMENTE NO CENTRO: 

   Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo descargando dende os  enlaces (en galego ou en castelán) de máis abaixo, cubrilos, imprimilos e presentalos firmados no Colexio, ou ben cubrilos de xeito manual recollendo os impresos na conserxería do centro.




Para presentala no Centro, deberá facelo


no prazo indicado, respectando o seguinte


HORARIO:

 

 

LUNS, MÉRCORES: de 09:00 a 09:30hrs



MARTES  de 16:00 a 16:30 hrs



  VENRES: de 13:30 a 14:00hrs




*Aconsellamos entregar a documentación antes do último día de prazo para evitar problemas de última hora e quedar fóra de prazo.




__________________________________________________________



POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2024/25



CURSO

VACANTES

 

 

 

4º E. INFANTIL  (3 anos)

 

 

34

+ 6  para alumnado de apoio educativo

 (Neste caso deberase adxuntar documentación acreditativa en vigor)

 

5º E. INFANTIL  (4 anos)

 

 

8

 

6º E. INFANTIL  (5 anos)

 

 

5

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario