Este luns 11 de novembro desfrutamos dos obradoiros "Son San" un espectáculo de monicreques construídos con material de refugallo sobre alimentación e hábitos saudables. A sesión correu a cargo de Raquel Queizás. Que ben o pasamos!
BENVIDOS AO BLOG DA NOSA ESCOLA NO QUE DAREMOS INFORMACIÓN E MOSTRAREMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS
sábado, 16 de noviembre de 2013
martes, 5 de noviembre de 2013
Festa do Medo 2013
Así de ben o pasamos na "Festa do Medo"!!!
Pasamos polo túnel do medo, degustamos aperitivos monstruosos, xogamos, bailamos e sobre todo pasámolo xenial!
Pasamos polo túnel do medo, degustamos aperitivos monstruosos, xogamos, bailamos e sobre todo pasámolo xenial!
domingo, 3 de noviembre de 2013
FESTA DO MEDO!!!
ESTE ANO, POLO SAMAÍN CELEBRAMOS A "FESTA DO MEDO", VIÑEMOS AO COLE ASÍ DE GUAPOS... (pica nas fotos para poder velas máis grandes)
jueves, 27 de junio de 2013
FELICES VACACIÓNS
Todas as profes do cole desexámosvos que pasedes un moi bó verán e que traiades moitas cousas que contarnos.
E unha despedida moi agarimosa para os que nos deixan e pasan a outra etapa educativa, que vos vaia ben!
jueves, 13 de junio de 2013
CI VUOLE UN FIORE
Animación realizada pola profe Lucía do traballo Ci vuole un fiore (queremos unha flor) feito polos nenos e nenas de 6ºA dirixidos pola súa titora, a profe Áurea.
Mirade que chulo!
martes, 11 de junio de 2013
VISITAMOS O COLE DE PRIMARIA
jueves, 6 de junio de 2013
VISITA AO ACUARIO DO GROVE
@S NEN@S DE 6º CURSO FIXERON O 25 DE MAIO UNHA VISITA AO ACUARIO DO GROVE, O PASARON EN GRANDE.
FIXEMOS ESTE VIDEO PARA QUE LEMBREN O QUE APRENDERON SOBRE OS ANIMAIS MARINOS, E A IMPORTANCIA DE NON TIRAR LIXO AO MAR
miércoles, 5 de junio de 2013
MAXIA NO COLE.
Queremos agradecerlle a Javier Muro a súa visita ao noso cole colaborando de forma desinteresada coa súa maxia, que nos deixou a todos coa boca aberta, e convertiu en magos por uns intres a algúns dos nosos nenos/as.
Deixamos aquí unha pequena reseña do que nos fixo.
miércoles, 29 de mayo de 2013
LISTADO DEFINITIVO DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2013/2014
Dende o día de hoxe atópase exposto no taboleiro de anuncios da entrada principal do noso cole, o listado definitivo do alumnado admitido e non admitido de cara ao vindeiro curso académico 2013/2014.
Recordamos que o prazo para formalizar a matrícula abrangue do día 20 ao 30 de xuño, e que a partires do 10 de xuño xa poderedes recoller o formulario de inscripción na conserxería do centro.
Para formalizar a matrícula deberáse aportar:
- 4 fotos actuais tamaño carnet
- Certificado médico
- Fotocopia do libro de vacinas
- Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou outro seguro.
lunes, 27 de mayo de 2013
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para conmemorar o Día das Letras Galegas reunímonos no salón de actos do cole para asistir a un recitado de poesía galega, neste caso de Rosalía de Castro, polo alumnado de 6ºA e tamén á representación, por parte dun grupo de nais da ANPA, da obra "Un circo inesperado" creación orixinal de María Costas.
Foi unha sesión moi divertida na que cantamos todos xuntos e ata houbo lanzamento de confetti!!
Agradecemos, coma sempre, a adicación destas nais e o seu traballo.
miércoles, 8 de mayo de 2013
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/14
Informamos que dende o día de hoxe, mércores 7 de maio de 2013 están expostas no taboleiro da entrada principal do colexio, as listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido. Poderáse formular reclamacións no prazo de cinco días hábiles contados dende hoxe.
Antes do día 31 de maio sairán as listas DEFINITIVAS que tamén se exporán no taboleiro para a súa consulta, e do 20 ao 30 de xuño faráse a formalización da matrícula.
Antes do día 31 de maio sairán as listas DEFINITIVAS que tamén se exporán no taboleiro para a súa consulta, e do 20 ao 30 de xuño faráse a formalización da matrícula.
jueves, 2 de mayo de 2013
BENVIDO MAIO!
Chegou o maio a nosa Escola da man dos pais e nais da Anpa.
Como cada ano esto non sería posible sin o seu traballo inestimable e a colaboración de todas as familias que aportan os diferentes elementos que se precisan para a súa elaboración.
Queremos recoñecer a súa habitual disponibilidade.
Debemos tamén agradecer a visita de compañeiros/as e alumnado do Cep Marcos da Portela que viñeron cantarnos unhas coplas ao redor do noso maio.
Benvido Maio!!
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



