martes, 11 de junio de 2013

VISITAMOS O COLE DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha visita ao cole de primaria para o que  iremos o curso que vén , o Marcos da Portela. Alí recibíronnos cunha obra de teatro por parte dese grupo de artistas da nosa anpa que, coma sempre, nos sorprenderon con outra obra orixinal de María Costas.
Tamén os nenos/as de primeiro de primaria  adicaronnos unhas cantigas e un rap. Fixéronno moi ben e aplaudímoslles moito.
Deseguido fixemos un percorrido polas instalacións do cole e visitamos a biblioteca, a aula de inglés, a de informática,a de música... pero o que máis nos gustou foi o ximnasio e o patio, no que xogamos un ratiño.
Ao marchar déronnos un pequeniño agasallo.
Vémonos o curso que vén!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario