ATENCIÓN!!
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2025-2026.
DO 1 AO 20 DE MARZO
_____________________________________________________
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE
RESERVA/ADMISIÓN DO ALUMNADO
DECRETO DE ADMISIÓN:
DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.html
ORDE DE ADMISIÓN:
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
Do 1 ao 20 de Marzo
|
Presentación de solicitudes de admisión (20 de marzo inicia Fóra de prazo 1) |
Do 21 de Marzo ao 5 de Abril |
Presentación documentación xustificativa dos criterios de baremo ( solicitaráse só no caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles) |
25 de abril |
Publicación da listaxe PROVISIONAL de admitidos e non admitidos Despois deste día haberá 5 días hábiles para reclamacións dirixidas ao Consello Escolar do Centro. Fín de Fóra de prazo 1 Inicio de Fóra de prazo 2 |
15 de Maio
|
Publicación das listaxes DEFINITIVAS No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da dirección territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. |
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización de matrícula |
NOTA INFORMATIVA
Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado…no artigo 5, punto 2f, hai que ter en conta que:
1. Na solicitude de admisión poderáse pedir ata seis (6) centros por orde de preferencia, sendo no primeiro centro solicitado no que ten que dirirxir esta solicitude.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2. A solicitude de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
3. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído)poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde sinalada anteriormente.
Poderáse consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.
ÁREAS DE INFLUENCIA E OUTRAS INFORMACIÓNS DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL “FINA CASALDERREY”
Código | 36013837 |
Enderezo Postal | Reino Unido 18, 36162 Pontevedra |
Correo electrónico | eei.fina.casalderrey@edu.xunta.es |
Teléfono | 886 15 15 78 |
Blog | escolafinacasalderrey.blogspot.com.es |
CURSO 2025/26 |
EDUCACIÓN INFANTIL
| ||
4º curso |
5º curso |
6º curso | |
UNIDADES |
2
|
2 |
2 |
HORARIO |
De 08:55 a 13:55 hrs
| ||
SERVICIOS |
PLAN MADRUGA Si. ANPA - Concello |
COMEDOR Si. ANPA - Concello |
TRANSPORTE ESCOLAR SI. Xunta
|
RUTAS TRANSPORTE
|
RUTA A PARDA: Avd. Lugo (Muebles Gonzamar), A Paloma, Os Campos, EEI Fina Casalderrey
| ||
RUTA MOURENTE: Cons, O Pazo (Mourente), Eirós, Casas Novas, A Paloma, Os Campos, Rúa Portugal (Rotonda)
| |||
ADSCRICIÓN
|
CEP MARCOS DA PORTELA | ||
ÁREA DE INFLUENCIA
| PERÍMETRO:
NORTE: Río Lérez OESTE: Vía do ferrocarril desde a ponte sobre o río ata a intersección da mesma vía coa rúa Prado Novo. SUR: rúa Prado Novo (beirarrúa norte) ata Amor Ruibal (beirarrúa leste), Loureiro Crespo (desde intersección con Amor Ruibal ata intersección con San Amaro (beirarrúa norte), Avd. Lugo (beirarrúa norte e oeste) LESTE: N-541 ata límite do Concello incluíndose as vivendas situadas da beirarrúa do lado esq.de dita estrada sentido Ourense. Quedan excluídos deste perímetro todos os lugares pertencentes á parroquia de Bora.
| ||
ÁREAS LIMÍTROFES
|
Son zonas limítrofes as áreas de influencia dos centros CEIP de Vilaverde-Mourente, do CEIP Manuel Vidal Portela e CEIP San Benito de Lérez.
| ||
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES |
Organizadas pola ANPA. Varían en función da oferta de cada curso. |
DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR
Debes presentar unha destas solicitudes (en galego ou en castelán, como prefiras) cuberta informáticamente e asinada por quen corresponda.
- Fotocopia do certificado de nacemento
- sentenza xudicial no caso de separación/divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- DNI dos membros da unidade familiar, só no caso de que se opoña a consulta de datos do ANEXO II ás Administracións públicas.
- No caso de optar a unha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, achegarase a documentación que acredite dita petición.
- No caso de alegar situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais económicos ou culturais, achegarán o informe dos servizos oficiais competentes.
No caso de que falte algún destes documentos ou que os impresos veñan sen cubrir e sen firmar totalmente, non se recollerá a documentación.
COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÒN
A nova normativa di que “…a solicitude debe presentarse preferiblemente por vía electrónica…” e así queda presentada na Sede Electrónica.
Nese caso haberá que cubrir un formulario (ED550B)mediante a aplicación:“admisionalumnado”en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
Ao entrar nesta páxina aparece un menú no lado esquerdo e debes premer en: solicitudes > admisión > crear e xa debedes cubrir todos os datos que preguntan
Despois deben confirmar os datos que cubristes premendo no botón “Confirmar”
E posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, SEMPRE QUE O PROCESO DE FIRMA REMATA CORRECTAMENTE, e ademáis debe achegar escaneada toda a documentación que se lle solicita.
IMPORTANTE: Non debe esquecer de achegar tamén o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, (ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
A normativa tamén dí que opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro de dous xeitos:
1. CUBRIR A SOLICITUDE INFORMÁTICAMENTE E PRESENTALA ASINADA DE XEITO MANUAL NO CENTRO:
Entrar en admisionalumnos en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado , seleccionar a opción do menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios que se solicitan.
Despois de cubrir os datos, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro xunto coa outra documentación que se solicita
2. CUBRIR A SOLICITUDE MANUALMENTE E PRESENTALA ASINADA PRESENCIALMENTE NO CENTRO:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo descargando dende os enlaces (en galego ou en castelán) de máis abaixo, cubrilos, imprimilos e presentalos firmados no Colexio, ou ben cubrilos de xeito manual recollendo os impresos na conserxería do centro.
no prazo indicado, respectando o seguinte
HORARIO:
LUNS, MÉRCORES: de 09:00 a 09:30hrs
MARTES de 16:00 a 16:30 hrs
VENRES: de 13:30 a 14:00hrs
*Aconsellamos entregar a documentación antes do último día de prazo para evitar problemas de última hora e quedar fóra de prazo.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2025/26
CURSO | VACANTES |
4º E. INFANTIL (3 anos) |
40 6 reservadas para NEAE |
5º E. INFANTIL (4 anos)
|
10 |
6º E. INFANTIL (5 anos) |
6 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario