E con isto rematamos o presente curso escolar, despedindo ao alumnado de 6º de E.I.
Eles/elas, agasalláronnos cun "Festival de Oscar" , nós a eles/elas cunha cerimonia de entrega de Diplomas.
Foi un día de emocións, agradecementos e despedidas (sen esquecernos do momento de baile posterior á graduación)
Moitas grazas ás familias que participaron decorando o espazo do desfile de recollida de Diplomas, en particular, e a todas en xeral por confiar en nós nestes tres últimos cursos académicos.
E para o noso alumnado, desexámoslle moitos éxitos na súa andadura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario