martes, 1 de septiembre de 2020

A VOLTA AO COLE

 Queridas familias: esperamos que vos atopedes ben.

Queremos informaravos que o curso comenza o día 10 de setembro para o alumnado de 4º e 5º curso de infantil. O día 11 de setembro comenzarán os de 6º curso de infantil, segundo establece a Xunta de Galicia.

Estamos traballando para que todo funcione con tranquilidade e cos mínimos riscos posibles para a saúde. 

Durante todo este tempo estivemos a traballar para elaborar o protocolo de adaptación ao COVID-19 do centro para este curso, atendendo as normas dictadas polas  autoridades sanitarias e educativas.  

Neste protocolo modifícase a organización de actuación do centro que tiñamos os cursos anteriores, para adaptarnos as normas COVID-19 e queremos dárvolos a coñecer, polo que vos imos convocar a unha reunión por cursos, adaptando todas as medidas precisas indicadas por sanidade. A esta reunión só poderá vir un adulto por alumno/a e ningún neno/a. Farémola no patio, ao aire libre gardando as distancias recomendadas e con máscara.

As datas de convocatoria para a reunión son as seguintes:

DÍA 7 DE SETEMBRO:

  • 4º A de 09:30 a 10:30 horas
  • 4º B de 11:30 a 12:30 horas
  • 5ºA de 13:00 a 14:00 horas
DÍA 8 DE SETEMBRO:
  • 5ºB de 09:30 a 10:30 horas
  • 6ºA de 11:30 a 12:30 horas
  • 6ºB de 13:00 a 14:00 horas


Por outra banda queremos informarvos xa dos horarios de entradas e saídas, que serán en dúas quenda para evitar aglomeracións no recinto.


HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS

GRUPOS A (4ºA, 5ºA e 6ºA)

    • ENTRADA: 08:55 horas 
    • SAÍDA: 13:40 horas

GRUPOS B (4ºB, 5ºB, e 6ºB)

    • ENTRADA:  09:10horas 
    • SAÍDA: 13:55 horas


Cada nivel ten adxudicada unha porta de entrada e saída das aulas ao longo de todo o curso, que hai que respectar:

·      4º curso: entrada e saída pola cancela do patio con acceso ao 1º andar.

·      5º curso: entrada e saída polas portas da fachada principal (5ºA porta dereita. 5ºB porta esquerda)

·      6º curso: entrada e saída pola rampa traseira do patio de acceso ao 2º andar







No hay comentarios:

Publicar un comentario