domingo, 15 de marzo de 2020

NOTA INFORMATIVA


NOTA INFORMATIVA

            Estimadas familias:

Ante a aprobación de medidas excepcionais baixo a situación de Estado de Alerta polos efectos da pandemia do Coronavirus e, amparándonos nas recomendacións das Autoridades sanitarias así como as derradeiras das Autoridades políticas, tanto Autonómica (hoxe ás 15:00h) como Estatal (Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo), que aconsellan encarecidamente a todos/as cidadáns quedar na casa  e a restrición máis estrita posible dos contactos entre persoas, queremos comunicarvos (agora si, por fin) que por ser o noso un centro de 6 Unidades permanecerá pechado durante o período de suspensión da actividade lectiva.

            Durante este período manteremos na medida do posible, dada a idade do noso alumnado, actividades educativas de diversa índole que vos faremos chegar a través do noso blog e da aplicación Remind. O equipo docente de cada nivel organizará e consensuará estas actividades.

 Tamén, por esta causa, interrómpense os prazos para a tramitación da admisión de alumnado para o curso 2020/21 reanudándose no momento que finalice esta situación.

No caso de persistir esta situación máis alá do previsto actualmente, comunicarémolo por este mesmo medio. Estade atentos/as ao blog.

Esperamos polo ben de todos/as que isto se regularice o antes posible para poder retomar a nosa labor da mellor maneira posible e continuar o desenvolvemento do curso con normalidade.

Agardamos vervos pronto en condicións de seguridade. Sede prudentes.

Un afectuoso saúdo.
 A Dirección






No hay comentarios:

Publicar un comentario