martes, 2 de septiembre de 2014

COMENZO DO CURSO ESCOLAR 2014/15

    Informamos a todas as familias que o novo curso escolar comenza o mércores 10 de setembro co horario habitual ( de 08:55 a 13:55 horas) excepto para o alumnado con período de adaptación que verán reducida a súa xornada durante o período que abrangue do 10 ao 23 de setembro, segundo marca o calendario escolar elaborado pola Consellería de Educación.
 
     Recordamos tamén que dende este curso queda clausurada a entrada da parte superior do colexio, por orde do Concello de Pontevedra despois do acordo  tomado na reunión coa Dirección do colexio e coa Directiva da Anpa.  Como alternativa abriuse unha nova entrada pola rúa Grecia.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario