jueves, 18 de diciembre de 2014

A VISITA MAIS ESPERADA

Mañá Venres pola mañá chega ao noso cole Papa Noël. Seguro que ven cargado de agasallos... xa vos contaremos  e vos deixaremos aquí algunhas fotos con el.
Coidadiño!! a portarse moi moi ben!!


miércoles, 17 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Maná Xoves 18 de decembro, celebramos o Festival de Nadal cos nenos de 6º curso de Infantil. Invitamos ás súas familias a compartir connosco os bailes, panxoliñas... que con tanta ilusiòn prepararon.
Próximamente podedes ver as fotos das actuacións nesta páxina.

martes, 16 de diciembre de 2014

¡OBRA DE TEATRO!

Comezan as festas do Nadal.  Hoxe tivemos a gran sorte de poder ver a representación que preparou o AMPA. Unha obra de teatro moi divertida que gustounos moitísimo.

viernes, 14 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

O día 13 de Novembro fixemos un Magosto no noso cole. Visitounos un castañeiro e preparounos unhas castañas moi moi ricas. Ademáis participamos nuns xogos populares moi divertidos.
Tedes a proba da nosa festa no enlace que aparece a continuación


MAGOSTO



martes, 11 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014

O pasado día 30 de Outubro, celebramos no noso cole a festa do Samaín. Disfrazámonos, bailamos, xogamos, vimos unha peli de medo. En definitiva pasámolo moi moi ben. A continuación podedes ver a proba da nosa festa.

3 AÑOS A



3 AÑOS B



 3 AÑOS C


4 AÑOS A


4 AÑOS B


4 AÑOS C


5 AÑOS A


5 AÑOS B

viernes, 17 de octubre de 2014

QUEN ESTÁ NESA BARRIGA?

Os nenos e nenas de 3 anos estamos a traballar o proxecto "Os Bebés", con ese motivo veu a visitarnos a mamá de Tomás para contarnos cousiñas sobre o bebé que agarda. Aprendimos un montón!


martes, 2 de septiembre de 2014

COMENZO DO CURSO ESCOLAR 2014/15

    Informamos a todas as familias que o novo curso escolar comenza o mércores 10 de setembro co horario habitual ( de 08:55 a 13:55 horas) excepto para o alumnado con período de adaptación que verán reducida a súa xornada durante o período que abrangue do 10 ao 23 de setembro, segundo marca o calendario escolar elaborado pola Consellería de Educación.
 
     Recordamos tamén que dende este curso queda clausurada a entrada da parte superior do colexio, por orde do Concello de Pontevedra despois do acordo  tomado na reunión coa Dirección do colexio e coa Directiva da Anpa.  Como alternativa abriuse unha nova entrada pola rúa Grecia.
 

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º CURSO

O venres día 5 de setembro ás 12:30 horas, celébrase no colexio unha reunión para as familias do alumnado matriculado no 4º curso de Educación Infantil para o curso académico 2014/15.
Nesta reunión presentaranse as titoras de cada curso e tratarase entre outros o tema do período de adaptación e o horario correspondente a cada grupo.
É importante que acudades sen nenos/as.

miércoles, 2 de julio de 2014

LIBROS PARA O CURSO 2014-2015


  • 4º INFANTIL (3 anos):  (consultar o color de mandilón no taboleiro do centro)
    • Educación Infantil trabajo por proyectos ¡Cuánto sabemos! EL CHOCOLATE. -Ed. Santillana. ISBN 978-84-680-0217-0.
    • MATEMÁTICAS Educación Infantil: Caderno nº2  - Ed. SM. ISBN 978-84-675-4907-2
  • 5º INFANTIL (4 anos):
    • MATEMÁTICAS Educación Infantil - Editorial SM 
      • Caderno nº3: ISBN: 978-84-675-5182-2.
      • Caderno nº4: ISBN: 978-84-675-5183-9.
  • 6º INFANTIL (5 anos):
    • MATEMÁTICAS Educación Infantil- Editorial SM
      • Caderno nº6. ISBN: 978-84-675-5185-3. (1º trimestre)
      • Caderno nº7. ISBN: 978-84-675-5186-0. (2º trimestre)
      • Caderno nº8. ISBN: 978-84-675-5187-7. (3º trimestre)

lunes, 30 de junio de 2014

MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-2015

Atopámonos en periodo de admisión de alumnado, para coñecer as prazas vacantes, prazos, e outra información preme na pestana de MATRÍCULA que atoparás máis arriba.
O prazo de formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Poderanse recoller os impresos necesarios a partir do día 15 de xuño.

martes, 17 de junio de 2014

Excursión fin de curso 4º

O pasado xoves 12 de xuño, o alumnado de 4º de infantil visitou a Hípica Amazonas, onde o pasamos xenial: visitamos as cadras, cepillamos ao pony "Lluvia" e montamos a cabalo.




VISITAMOS O COLE DE PRIMARIA

Os de 6º fomos visitar o cole de Marcos da Portela ao que imos o curso que ven.
Recibíronos no salón de actos onde escenificaron unha obra coa que nos fixeron bailar por todo o salón. Despois ensinaronnos as instalacións do cole, para acabar outra vez no salón de actos cunha representación dos nenos e nenas de primeiro que o fixeron estupendamente, gustounos moito.
E para rematar... unha rica lambonada, ummm!!. Moitas gracias


miércoles, 11 de junio de 2014

A ESPERADA VISITA DE FINA CASALDERREY

O pasado mércores veu de visita Fina Casalderrey, contounos bonitas historias e inaugurou a nosa exposición "O Museo na Escola".
Podedes ver algunhas fotos no blog da biblioteca:

Pica no Comeletras!


[comeletras+2.JPG]

domingo, 8 de junio de 2014

OS DE 5º VISITAN O ACUARIO

O pasado 27 de maio os alumnos e alumnas de 5º curso de Infantil visitamos, tamén, o acuario do Grove.
Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos.







viernes, 30 de mayo de 2014

FROITAS E VERDURAS


O alumando de 6º de primaria do grupo B do CEP Marcos da Portela, acercouse ata  o noso colexio para facernos a representación dunha pequena obra de teatro que falaba de froita e verduras....
Felicitámolos por o ben que o fixeron, tanto a eles como a súa titora.
Moitas grazas.

viernes, 23 de mayo de 2014

OS DE 4º IMOS AO TEATRO!

Desta vez, foron os pequerrechos do cole os que puderon gozar da obra de teatro "LUME", no Centro Cultural Caixanova.




miércoles, 21 de mayo de 2014

TROTACONTOS

Pola participación no Trotacontos, hoxe veu de visita Poldo, a contarnos algúns contos e agasallarnos cun exemplar deste conto viaxeiro no que os nenos e nenas de 6º curso participaron: "Soan ao lonxe".



viernes, 16 de mayo de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6ºEI

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos na excursión de fin de curso no Acuario do Grove e o Museo da Salazón.










CONTACONTOS

Onte tivemos a visita dun contacontos como deferencia da editorial Anaya para o alumnado de 6º de Infantil.
 Encántanos estas visitas.
 Moitas grazas.

martes, 13 de mayo de 2014

SABELA E O PAXARO MÁXICO

Con motivo das Letras Galegas, hoxe visitounos TARABELOS para contarnos o conto de "Sabela e o paxaro máxico" unha fermosa historia de castelos, príncipes, ogros... que cheiraba moi ben!



jueves, 8 de mayo de 2014

"Brinca Vai!": Meu o mundo é.

Achégase o Día das Letras Galegas, e para gozar coa nosa lingua, aquí tedes o videoclip de Paco Nogueiras,  para escoitar e bailar!
Agardamos que vos guste!




miércoles, 30 de abril de 2014

MAIO 2014

Hoxe celebramos o Maio na nosa escola. Un Maio precioso que confeccionou a ANPA con un pouco de colaboración dos nosos pequenos. Ademáis cantamos coplas ao seu redor e pasámolo ben bailando!


lunes, 28 de abril de 2014

LIM: LETRAS GALEGAS.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé María Díaz Castro. Neste interesante  LIM creado polo Seminario Galán  podedes ver e escoitar un conto sobre a súa vida e obra con divertidas actividades.

lunes, 31 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

Éste ano no Entroido da nosa escola pasámolo xenial, con disfraces de pintores/as, cadros e utensilios... Desfilamos, degustamos postres tradicionais destas datas, e bailamos. Ademáis, recibimos a visita dos rapaces e rapazas  do CEP Marcos da Portela.