domingo, 17 de marzo de 2013

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/14. Do 5 ao 17 de abril.

Quen debe facer a solicitude de admisión?
O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez e o alumnado matriculado que desexe cambiar a outro centro.

Como se fai?
 Entregando o impreso de solicitude (anexo II)que se facilitará no centro, totalmente cuberto e asinado e presentando a documentación que indica o normativa.

Que documentación hai que entregar?

  • Anexo II cuberto e asinado (recóllese no centro)
  • Libro de familia e fotocopia da folla onde consta o alumno/a 
  • Certificado do padrón municipal
  • Certificación acreditativa de discapacidade, se é o caso, do alumno/a ou do pai, nai ou irmán.
  • Acreditación da condición de familia numerosa, se é o caso.  
Onde e cando se entrega a documentación?
Na secretaría do Centro nos seguintes días e horarios:
LUNS, MÉRCORES, XOVES E VENRES de 09:00 a 09:30 hrs
MARTES de 16:00 a 17:00 hrs
O prazo abranque do 5 ao 17 de abril.

Cal é a normativa?
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos...

A RECOLLIDA DO IMPRESO (ANEXO II) SERÁ A PARTIR DO DÍA 2 DE ABRIL EN HORARIO LECTIVO.

RESERVA DE PRAZA: DO 18 AO 22 DE MARZO


Quen debe facer a reserva de praza?
O alumnado que pretenda continuar estudos no Centro adscrito, neste caso no CEP Marcos da Portela.
Como se fai?
Devolvendo o anexo I que se vos enviou, totalmente cuberto e asinado na secretaría do noso cole
Cando hai que facelo?
Do 18 ao 22 de marzo
Que dí a normativa?
"...a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro... coa conseguinte perda da prioridade..."  (orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado... artigo11)