Páginas

Páginas

Páginas

Páginas

jueves, 2 de septiembre de 2021

A VOLTA AO COLE

 

 Queridas familias: esperamos que vos atopedes ben.

Queremos informaravos que o curso comenza o día 9 de setembro.

Estamos traballando para que todo funcione con tranquilidade e cos mínimos riscos posibles para a saúde, tal e como fixemos o curso pasado, elaborando un Protocolo de adaptación ao COVID-19, atendendo as normas dictadas polas  autoridades sanitarias e educativas.  

Por outra banda tamén vos recordamos  xa os horarios de entradas e saídas,  nas que procuradedes evitar aglomeracións no recinto:

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS

GRUPOS A (4ºA, 5ºA e 6ºA)

    • ENTRADA: 08:55 horas 
    • SAÍDA: 13:40 horas

GRUPOS B (4ºB, 5ºB, e 6ºB)

    • ENTRADA:  09:10horas 
    • SAÍDA: 13:55 horas


Cada nivel ten adxudicada unha porta de entrada e saída das aulas ao longo de todo o curso, que hai que respectar:

·      4º curso: entrada e saída pola cancela do patio con acceso ao 1º andar.

·      5º curso:entrada e saída pola rampa traseira do patio de acceso ao 2º andar 

·      6º cursoentrada e saída polas portas da fachada principal (6ºA porta dereita. 6ºB porta esquerda)


(NA REUNIÓN INDICARÁSE CADA ACCESO, PARA COMPRENDELO MELLOR)

DÉBESE RESPECTAR O HORARIO E OS ACCESOS DE FORMA ESCRUPULOSA PARA EVITAR ENCONTROS CON OUTROS GRUPOS.

En todo momento hai que entrar ao recinto só 5 minutos antes da hora da entrada ou da saída, con máscara e só unha persoa por neno/a, que debe ir collido da man ou ao lado do adulto.


RECORDAMOS DÍAS DE REUNIÓNS:

  • VENRES 3, ÁS 10:00 5ºA + 5ºB
  • VENRES 3, ÁS 12:30 6ºA + 6ºB
  • LUNS 6, ÁS 10:00 4ºA + 4ºB


No hay comentarios:

Publicar un comentario