NOTA
INFORMATIVA
Estimadas
familias:
Ante a
aprobación de medidas excepcionais baixo a situación de Estado de Alerta polos
efectos da pandemia do Coronavirus e, amparándonos nas recomendacións das
Autoridades sanitarias así como as derradeiras das Autoridades políticas, tanto
Autonómica (hoxe ás 15:00h) como Estatal (Real Decreto 463/2020, do 14 de
marzo), que aconsellan encarecidamente a todos/as cidadáns quedar na casa e a restrición máis estrita posible dos
contactos entre persoas, queremos comunicarvos (agora si, por fin) que por ser
o noso un centro de 6 Unidades permanecerá pechado durante o período de
suspensión da actividade lectiva.
Durante
este período manteremos na medida do posible, dada a idade do noso alumnado, actividades
educativas de diversa índole que vos faremos chegar a través do noso blog e da
aplicación Remind. O equipo docente de cada nivel organizará e consensuará
estas actividades.
Tamén, por esta causa, interrómpense os prazos
para a tramitación da admisión de alumnado para o curso 2020/21 reanudándose no
momento que finalice esta situación.
No caso de
persistir esta situación máis alá do previsto actualmente, comunicarémolo por
este mesmo medio. Estade atentos/as ao blog.
Esperamos polo
ben de todos/as que isto se regularice o antes posible para poder retomar a
nosa labor da mellor maneira posible e continuar o desenvolvemento do curso con
normalidade.
Agardamos vervos
pronto en condicións de seguridade. Sede prudentes.
Un afectuoso
saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario