Ola familias: estamos aquí de novo organizando o novo curso escolar. Queremos recordar dúas cousas:
- O día 7 de setembro ás 09:30h hai unha reunión para as familias do alumnado de 3 anos (4ºcurso de E.I.), na que entre outros temas fixarase o horario e grupos para o período de adaptación. É importante a asistencia sen nenos/as, xa que non son reunións aptas para eles.
- O comenzo do curso será o 12 de setembro no horario de sempre de 08:55 a 13:55 para os que non teñen horario de adaptación. Desde ese día os usuarios de transporte e comedor xa poderán facer uso do servicio.
Vémonos en breve. Un saúdo.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario