martes, 16 de diciembre de 2025

NA ESCOLA CHEGOU O NADAL

Xa temos listo o recuncho de Nadal, cheo de maxia e ilusión. Seguimos creando momentos especiais.



viernes, 5 de diciembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O noso alumnado celebrou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunhas sesións de psicomotricidade baixo o lema "Abre os teus sentidos a inclusión". Promovemos a inclusión, o respecto e a igualdade!




miércoles, 26 de noviembre de 2025

OBRADOIROS NOVEMBRO

 Continuamos cos nosos obradoiros mensuais nos que ofrecemos actividades divertidas e creativas: construccións con legos, cociña, manualidades, experimentos, movemento/maquillaxe

Unha pequena mostra de o ben que o pasamos!




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



O noso alumnado participou nun acto conmemorativo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en colaboración co IES Luís Seoane e o CEP Marcos da Portela. 

A reflexión e a toma de conciencia sobre o camiño que ainda queda por percorrer son imprescindibles para construir un futuro sen violencia.

SEGUIMOS EDUCANDO EN IGUALDADE

jueves, 30 de octubre de 2025

FESTA DO SAMAÍN

Unha pequena presentación do ben que o pasamos na Festa do Samaín! Unha xornada chea de baile, risas e diversión!





martes, 28 de octubre de 2025

OBRADOIROS

Esta semana comezaron os obradoiros mensuais, unha actividade na que o alumnado participará ao longo do curso rotando unha vez ao mes polas diferentes propostas:robótica, cociña, manualidades, experimentos, movemento/maquillaxe.

Unha pequena mostra do ben que o pasamos!





jueves, 23 de octubre de 2025

Visita ao Mercado

O alumnado de 6º participou nunha saída didáctica ao mercado. Durante a visita, exploraron os distintos postos, falaron coas persoas vendedoras e descubriron moitos consellos para manter unha dieta variada e saudable. Foi unha experiencia moi enriquecedora!



lunes, 1 de septiembre de 2025

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 25-26

 


O día 8 de setembro comenza a actividade escolar para todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

O horario continúa de 08:55 a 13:55 horas. 
O alumnado de 4º de Educación Infantil adoitará do 8 ao 12 de setembro o horario de incorporación gradual, a partires de ahí cumprirá co mesmos horario que o resto dos grupos.

Benvidos a todos e todas a unha nova aventura!!


martes, 22 de julio de 2025

jueves, 19 de junio de 2025

FESTA DA AUGA

Rematamos curso cunha xornada acuática moi divertida: a festa da auga.



CONTOS: RAPOSADAS

Que mellor maneira que ir rematando o curso escoitando contos con Raquel Queizás e rodeados dun entorno privilexiado: os xardíns da UNED