sábado, 2 de noviembre de 2019

O CASTELO DO TERROR NO SAMAÍN










Chegou a Festa do Medo e todo estaba preparado no noso castello do terror para que as bruxas que nel habitan nos invitaran a pasar. Menudos sustos nos deron, pero que ben o pasamos.
As nosas familias tamén estiveron invitadas a visitalo, e algunhas... menudo susto levaron!! jajajajaja...

jueves, 10 de octubre de 2019

BENVID@S!

PRESENTAMOS AOS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS DO NOSO COLE! 



Superamos o período de adaptación e xa estamos moi ben adaptad@s ao noso novo cole! Estamos a pasalo xenial! Aquí vos deixamos uns vídeos do noso primeiro día para presentarnos.

lunes, 2 de septiembre de 2019

REUNIÓN FAMILIAS 4º E.I.

Ola familias,  comunicamos que o vindeiro XOVES día 5 ás 09:30 horas haberá unha reunión coas familias do alumnado que se matricula por primeira vez. 
Será importante a vosa presenza, sen nenos/as.

ESTAMOS DE VOLTA!

Ola familias. Estamos de novo preparadas para afrontar un novo curso académico que comenzará para todo o alumnado o día 11 de setembro de 2019 no horario de sempre: de 08:55 a 13:55 horas.
Os servizos de comedor e transporte tamén comenzarán ese mesmo día.

O alumnado que comenza por primeira vez terán un período de adaptación, o que supón reducción de horario; será do 11 ao 24 de setembro.

jueves, 20 de junio de 2019

A HORTA ESCOLAR

Ensinámosvos unha mostra dos traballos realizados na horta durante o curso escolar. Houbo limpeza das malas herbas, labraron, plantaron, regaron,...e finalmente, tocaba recoller os seus froitos! E ben ricos que estaban, mirade!









martes, 18 de junio de 2019

COAS MARISCADORAS






http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d278210693k3329982o1l1/coas-mariscadoras

E para finalizar o proxecto do mar, nada mellor que acabar na praia mariscando, merendando e xogando.
Un proxecto que remata e ao que se lle sacou moito proveito.

martes, 28 de mayo de 2019

VISITA AO "MUSEO DO MAR" DE VIGO (4 ANOS)

O pasado xoves, @s nen@s de 4 anos foron visitar o "Museo do Mar" de Vigo. 
Quedaron abraiados con alguhas das especies mariñas que lles ensinaron e, por suposto, non perderon a visita ao acuario...




Eu teño un canciño. Letras galegas 19

Esto bailase así. Letras galegas 19

A que sabe a lúa. Letras galegas 19



Artistas que veñen de Paris. Letras galegas 19

VISITA AO "MUSEO DO MAR" DE VIGO (5 ANOS)


O pasado 14 de maio, o alumnado de 5 anos visitou o "Museo do Mar" de Vigo. 
Alí, ademais de ver diferente fauna mariña no acuario, puideron coñecer o problema da contaminación do mar e como podemos axudar a combatila...  



martes, 14 de mayo de 2019

Teatro "MIGALLAS"

O pasado venres, fumos tod@s xunt@s desfrutar ao Sexto edificio do Museo de Pontevedra da... 

"Merenda con pan de millo" á que nos convidaron os nosos amigos de Migallas.  


Moito cantamos!!



 

VISITA AO "MUSEO DO MAR" DE VIGO (3 ANOS)

Os máis pequenos do cole visitaron, o pasado xoves 9 de maio, o "Museo do Mar" en Vigo. 
Alí puideron coñecer diferentes animais mariños e outros tesouros que se poden atopar na nosa costa...




viernes, 12 de abril de 2019

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DO MAR DOS MAIORES


Esta semana os sextos convidaron aos de quinto a visitar a súa exposición sobre o Mar. Alí ensináronlles seu barco "Trotaventos". Tamén mostráronlles diferentes animais mariños e apeiros utilizados para o traballo no mar.


martes, 2 de abril de 2019

OBRADOIRO CONTOS NAS ORELLAS




Hoxe os de 5º e os de 6º nivel disfrutaron dun obradoiro no que escoitaron a historia de "Mario pensaba que o galego non servía para nada", e logo co ilustrador aprenderon a debuxar a un dos persoaxes.




jueves, 7 de febrero de 2019

BURBULLAS DE PAPEL







Onte saímos todo o cole ao teatro a ver a obra titulada "Burbullas de papel". Estivemos moi atentos porque nos gustou moito, e ademáis, portámonos moi ben.