lunes, 30 de junio de 2014

MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-2015

Atopámonos en periodo de admisión de alumnado, para coñecer as prazas vacantes, prazos, e outra información preme na pestana de MATRÍCULA que atoparás máis arriba.
O prazo de formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Poderanse recoller os impresos necesarios a partir do día 15 de xuño.

martes, 17 de junio de 2014

Excursión fin de curso 4º

O pasado xoves 12 de xuño, o alumnado de 4º de infantil visitou a Hípica Amazonas, onde o pasamos xenial: visitamos as cadras, cepillamos ao pony "Lluvia" e montamos a cabalo.




VISITAMOS O COLE DE PRIMARIA

Os de 6º fomos visitar o cole de Marcos da Portela ao que imos o curso que ven.
Recibíronos no salón de actos onde escenificaron unha obra coa que nos fixeron bailar por todo o salón. Despois ensinaronnos as instalacións do cole, para acabar outra vez no salón de actos cunha representación dos nenos e nenas de primeiro que o fixeron estupendamente, gustounos moito.
E para rematar... unha rica lambonada, ummm!!. Moitas gracias


miércoles, 11 de junio de 2014

A ESPERADA VISITA DE FINA CASALDERREY

O pasado mércores veu de visita Fina Casalderrey, contounos bonitas historias e inaugurou a nosa exposición "O Museo na Escola".
Podedes ver algunhas fotos no blog da biblioteca:

Pica no Comeletras!


[comeletras+2.JPG]

domingo, 8 de junio de 2014

OS DE 5º VISITAN O ACUARIO

O pasado 27 de maio os alumnos e alumnas de 5º curso de Infantil visitamos, tamén, o acuario do Grove.
Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos.