viernes, 30 de mayo de 2014

FROITAS E VERDURAS


O alumando de 6º de primaria do grupo B do CEP Marcos da Portela, acercouse ata  o noso colexio para facernos a representación dunha pequena obra de teatro que falaba de froita e verduras....
Felicitámolos por o ben que o fixeron, tanto a eles como a súa titora.
Moitas grazas.

viernes, 23 de mayo de 2014

OS DE 4º IMOS AO TEATRO!

Desta vez, foron os pequerrechos do cole os que puderon gozar da obra de teatro "LUME", no Centro Cultural Caixanova.




miércoles, 21 de mayo de 2014

TROTACONTOS

Pola participación no Trotacontos, hoxe veu de visita Poldo, a contarnos algúns contos e agasallarnos cun exemplar deste conto viaxeiro no que os nenos e nenas de 6º curso participaron: "Soan ao lonxe".



viernes, 16 de mayo de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6ºEI

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos na excursión de fin de curso no Acuario do Grove e o Museo da Salazón.










CONTACONTOS

Onte tivemos a visita dun contacontos como deferencia da editorial Anaya para o alumnado de 6º de Infantil.
 Encántanos estas visitas.
 Moitas grazas.

martes, 13 de mayo de 2014

SABELA E O PAXARO MÁXICO

Con motivo das Letras Galegas, hoxe visitounos TARABELOS para contarnos o conto de "Sabela e o paxaro máxico" unha fermosa historia de castelos, príncipes, ogros... que cheiraba moi ben!



jueves, 8 de mayo de 2014

"Brinca Vai!": Meu o mundo é.

Achégase o Día das Letras Galegas, e para gozar coa nosa lingua, aquí tedes o videoclip de Paco Nogueiras,  para escoitar e bailar!
Agardamos que vos guste!