lunes, 25 de noviembre de 2013

FINA CASALDERREY

Como sabedes, o pasado venres foi a cerimonia de ingreso de Fina Casalderrey na R.A.G., acto oa que acudiu unha representación da comunidade educativa para facerlle entrega dun agasallo nese día tan especial para ela. 

Posteriormente recibimos un agarimoso agradecemento por correo da propia Fina. "Tervos alí, foi para min a sorpresa máis fermosa daquel acto...   " ... que ben que viñerades, que luxo!!" ...

NOVIDADES NO SALÓN DE ACTOS

Novidades no salón de actos do colexio gracias a Alba e a Ana que se afanaron en pintar o escenario que quedou así de vistoso como vedes na foto.
Por outra banda a anpa colaborou económicamente no pintado das paredes do salón. Está como novo!!
O venres pasado fixeron unha pequena inauguración invitándonos a todas a degustar as súas ricas tartas.
MOITAS GRACIAS!!!

miércoles, 20 de noviembre de 2013

MERENDAS DE OUTONO

O pasado mércores pudemos degustar deliciosos produtos típicos do outono: castañas, noces, chulas de cabaza, biscoitos... Estaba todo boísimo!
Grazas ás familias pola vosa colaboración.







sábado, 16 de noviembre de 2013

"SON SAN"

Este luns 11 de novembro desfrutamos dos obradoiros "Son San" un espectáculo de monicreques construídos con material de refugallo sobre alimentación e hábitos saudables. A sesión correu a cargo de Raquel Queizás. Que ben o pasamos!

martes, 5 de noviembre de 2013

Festa do Medo 2013

Así de ben o pasamos na "Festa do Medo"!!!
Pasamos polo túnel do medo, degustamos aperitivos monstruosos, xogamos, bailamos e sobre todo pasámolo xenial!


domingo, 3 de noviembre de 2013

FESTA DO MEDO!!!

ESTE ANO, POLO SAMAÍN CELEBRAMOS A "FESTA DO MEDO", VIÑEMOS AO COLE ASÍ DE GUAPOS... (pica nas fotos para poder velas máis grandes)