lunes, 5 de noviembre de 2012

FESTA DO OUTONO

O mércores 31 de Outubro, festexamos na nosa escola a festa do Outono, foi moi divertida!

Chegamos a escola pola mañá con moito medo, porque  non había nenos nas filas, non, non...estaba chea de arrepiantes brux@s, zombis, pantasmas...tod@s con ganas de asustar e pasalo ben.

Visitamos ao longo da maña a exposición de cabazas que tivo lugar no salón de actos, e na que participaron as familias...MOITíSIMAS GRACIAS! sen a vosa participación non houbese sido posible.

Despois, no patio, degustamos as ricas castañas que prepararon con moito agarimo os papas e mamas do ANPA, e bailamos e xogamos no patio. 

A volta do recreo, vimos un corto de medo que nos encantou, tanto, que cando rematou era case a hora de ir para a casa e ninguén quería marchar!!


Foi unha festa xenial!!!!