Xa temos listo o recuncho de Nadal, cheo de maxia e ilusión. Seguimos creando momentos especiais.
ESCOLA PÚBLICA DE EDUCACIÓN INFANTIL FINA CASALDERREY
BENVIDOS AO BLOG DA NOSA ESCOLA NO QUE DAREMOS INFORMACIÓN E MOSTRAREMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS
martes, 16 de diciembre de 2025
viernes, 5 de diciembre de 2025
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O noso alumnado celebrou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunhas sesións de psicomotricidade baixo o lema "Abre os teus sentidos a inclusión". Promovemos a inclusión, o respecto e a igualdade!
miércoles, 26 de noviembre de 2025
OBRADOIROS NOVEMBRO
Continuamos cos nosos obradoiros mensuais nos que ofrecemos actividades divertidas e creativas: construccións con legos, cociña, manualidades, experimentos, movemento/maquillaxe
Unha pequena mostra de o ben que o pasamos!
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O noso alumnado participou nun acto conmemorativo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en colaboración co IES Luís Seoane e o CEP Marcos da Portela.
A reflexión e a toma de conciencia sobre o camiño que ainda queda por percorrer son imprescindibles para construir un futuro sen violencia.
SEGUIMOS EDUCANDO EN IGUALDADE
jueves, 30 de octubre de 2025
FESTA DO SAMAÍN
Unha pequena presentación do ben que o pasamos na Festa do Samaín! Unha xornada chea de baile, risas e diversión!
martes, 28 de octubre de 2025
OBRADOIROS
Esta semana comezaron os obradoiros mensuais, unha actividade na que o alumnado participará ao longo do curso rotando unha vez ao mes polas diferentes propostas:robótica, cociña, manualidades, experimentos, movemento/maquillaxe.
Unha pequena mostra do ben que o pasamos!
jueves, 23 de octubre de 2025
Visita ao Mercado
O alumnado de 6º participou nunha saída didáctica ao mercado. Durante a visita, exploraron os distintos postos, falaron coas persoas vendedoras e descubriron moitos consellos para manter unha dieta variada e saudable. Foi unha experiencia moi enriquecedora!
martes, 2 de septiembre de 2025
lunes, 1 de septiembre de 2025
BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 25-26
O día 8 de setembro comenza a actividade escolar para todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. O horario continúa de 08:55 a 13:55 horas. |
martes, 22 de julio de 2025
jueves, 19 de junio de 2025
CONTOS: RAPOSADAS
Que mellor maneira que ir rematando o curso escoitando contos con Raquel Queizás e rodeados dun entorno privilexiado: os xardíns da UNED
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)


.jpeg)



