jueves, 21 de diciembre de 2017

NADAL 2017

Hoxe veu visitarnos á escola o mesmísimo Papá Noel que trouxo agasallos para tod@s. Logo da visita puidemos desfrutar dunha riquísima merenda navideña por cortesía da ANPA. Ao final bailamos e cantamos tod@s xunt@s no patio.




FELICES FESTAS E ATA A VOLTA DE VACACIÓNS!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

OBRA DE TEATRO ANPA: "ALANA"

Hoxe divertímonos moito coa actuación teatral dos pais e nais da ANPA. Rimos, cantamos, bailamos ... Que ben o pasamos!!


Ademáis, houbo entrega de premios aos dous gañadores do concurso de postais de Nadal.


martes, 12 de diciembre de 2017

VISITA AO CONCELLO


 Hoxe tivemos a sorte de ir visitar o Concello (a casa do Alcalde, como dicimos nós). Alí recibironnos Anxo Fernandez Lores e Carmen Fouces na sala de plenos. Contáronnos moitas cousas de Pontevedra e despois ensináronnos outras dependencias (nunha había moitos premios!!!). Visitamos todas as prantas do Concello, atopamos a moita xente traballando e nos explicaban qué facían..
E para rematar deixáronnos visitar o Teatro Principal, sentámonos nunhas butacas moi cómodas e algúns aínda nos animamos a subir ao estrado a contar un conto.
Pasámolo moi ben, e ademáis regaláronnos un conto a cada un.





martes, 5 de diciembre de 2017

PRÓXIMA SAÍDA A CASA DO CONCELLO

  E despois da visita que nos fixo o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ahora tócanos ir visitar a casa onde traballa: O Concello, onde nos vai recibir e ensinar as diferentes instalacións.


  Iremos os/as de 6º curso o vindeiro Martes. O transporte será subvencionado polo Concello de Pontevedra.

  Xa vos contaremos!!





CHEGOU O NADAL AO COLEXIO


https://ocomeletras.blogspot.com.es/2017/12/chegou-o-nadal-eei-fina-casalderrey.html