jueves, 21 de diciembre de 2017

NADAL 2017

Hoxe veu visitarnos á escola o mesmísimo Papá Noel que trouxo agasallos para tod@s. Logo da visita puidemos desfrutar dunha riquísima merenda navideña por cortesía da ANPA. Ao final bailamos e cantamos tod@s xunt@s no patio.




FELICES FESTAS E ATA A VOLTA DE VACACIÓNS!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

OBRA DE TEATRO ANPA: "ALANA"

Hoxe divertímonos moito coa actuación teatral dos pais e nais da ANPA. Rimos, cantamos, bailamos ... Que ben o pasamos!!


Ademáis, houbo entrega de premios aos dous gañadores do concurso de postais de Nadal.


martes, 12 de diciembre de 2017

VISITA AO CONCELLO


 Hoxe tivemos a sorte de ir visitar o Concello (a casa do Alcalde, como dicimos nós). Alí recibironnos Anxo Fernandez Lores e Carmen Fouces na sala de plenos. Contáronnos moitas cousas de Pontevedra e despois ensináronnos outras dependencias (nunha había moitos premios!!!). Visitamos todas as prantas do Concello, atopamos a moita xente traballando e nos explicaban qué facían..
E para rematar deixáronnos visitar o Teatro Principal, sentámonos nunhas butacas moi cómodas e algúns aínda nos animamos a subir ao estrado a contar un conto.
Pasámolo moi ben, e ademáis regaláronnos un conto a cada un.





martes, 5 de diciembre de 2017

PRÓXIMA SAÍDA A CASA DO CONCELLO

  E despois da visita que nos fixo o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ahora tócanos ir visitar a casa onde traballa: O Concello, onde nos vai recibir e ensinar as diferentes instalacións.


  Iremos os/as de 6º curso o vindeiro Martes. O transporte será subvencionado polo Concello de Pontevedra.

  Xa vos contaremos!!





CHEGOU O NADAL AO COLEXIO


https://ocomeletras.blogspot.com.es/2017/12/chegou-o-nadal-eei-fina-casalderrey.html

martes, 21 de noviembre de 2017

VISITA DO ALCALDE

Para iniciar o proxecto anual "Coñecemos Pontevedra" a semana pasada recibimos nas aulas unha carta do señor alcalde de Pontevedra comunicándonos a súa visita, a cal tivo lugar esta mañá.
Fíxonos moitas preguntas igual que nós a el.




lunes, 6 de noviembre de 2017

SAMAÍN 2017

Un ano máis que celebramos a nosa festa do medo polo "Samaín".
Gracias á colaboración da ANPA puidemos degustar un menú terrorífico na merenda.



domingo, 8 de octubre de 2017

miércoles, 5 de julio de 2017

ALUMNADO NOVO PARA O CURSO 2017/2018

Tal e como se falou na reunión do pasado luns 3 de xullo, recordamos, que a próxima reunión será o vindeiro 6 de setembro ás 09:30 hrs. 
Así mesmo podedes consultar a división de alumnado por grupos, o color do mandilón e os horarios do periodo de adaptación no taboleiro do centro.

viernes, 30 de junio de 2017

MATRÍCULA CURSO 2017-2018



Podedes consultar toda a información sobre o  calendario e procedemento de admisión premendo na pestaña que se atopa máis arriba "MATRÍCULA 2017/2018"



lunes, 26 de junio de 2017

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º

Ímonos facendo maiores, desta volta toca rematar o ciclo de Infantil, e nada mellor para celebralo que sendo graduad@s.  Moitos parabéns a tod@s!

 FIN DE CURSO DE CINE

Para celebrar o fin de curso e de ciclo, os nen@s de 6º nos fixeron gozar dun fin de curso de cine, onde nos amosaron ás súas fantásticas dotes artísticas.  Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra:
 

miércoles, 21 de junio de 2017

martes, 20 de junio de 2017

TEATRO ANPA

Unha vez máis, nais e pais da ANPa fixeron para os nenos e nenas unha obra de teatro cunha nova versión de Caperucita... ou era Caperucito?




miércoles, 7 de junio de 2017

EXPERIMENTOS NA ESCOLA

No blogue da biblioteca podedes atopar un vídeo no que mostramos unha pequena parte dos experimentos que fixemos ao longo deste curso relacionados co proxecto "Somos Científicos". Agardamos que vos guste.
Para ir sitio pica no enlace:

http://ocomeletras.blogspot.com.es/2017/06/experimentos-na-escola.html

Podes ver o blog completo da biblioteca no enlace que se atopa na dereita desta páxina.

viernes, 26 de mayo de 2017

FESTIVAL DE PRIMAVERA

Hoxe os nenos e nenas de 4º e 5º demostraron ás súas fantásticas dotes artísticas nun festival onda tivemos desde pitiños a mariñeiros. 

martes, 23 de mayo de 2017

jueves, 18 de mayo de 2017

SOMOS INVENTORES!

 


O pasado martes os nenos e nenas do noso cole tiveron unha sorpresa, xa que puideron ver a "vida secreta" das profes. Unha divertida obra de teatro escrita por María a presidenta da ANPA.


martes, 9 de mayo de 2017

TEATRO AFUNDACION


Hoxe pudemos gozar da marabillosa historia de Gatuxo, unha obra de teatro musical moi divertida.


 




TROTACONTOS 2017



E este ano foron os rapaces e rapazas de 5º os que participaron no Trotacontos con diferentes colexios do noso municipio.
 Como recompensa, viñeron visitarnos os nosos amigos de "Polo Correo do Vento" cos que puidemos ver o resultado do conto. Se queredes velo vós, picade  na imaxe do conto



E aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos no contacontos!


viernes, 10 de febrero de 2017

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro  celebramos no noso centro o Dia da Paz e Non Violencia.  Visionamos dúas curtametraxes sobre o tema, cantamos e presentamos o mural coas normas de convivencia da nosa escola.