viernes, 23 de diciembre de 2016

BO NADAL

O Claustro de profesorado do cole desexa a toda a comunidade educativa un bo nadal e un próspero aninovo.

NADAL 2016

E rematamos o trimestre coa festa de Nadal!
Visitounos Papá Noel, e, como nos portamos tan ben, nos trouxo un agasallo. Despois degustamos ricos doces de Nadal por cortesía da ANPA, e, como non pode ser doutra form,a rematamos cantando e bailando!
Agardámosvos á volta das vacacións, moi BO NADAL a tod@s!!







 

 




viernes, 16 de diciembre de 2016

TEATRO ANPA: "OS SONS DO TEMPO"

O pasado xoves, os nenos e nenas deste cole pudemos gozar de novo dunha obra de teatro preparada pola ANPA do noso cole.
Foi un magnífico espectáculo con luces, música, mensaxes, e sobre todo moita diversión.
Grazas unha vez máis.







EXPOSICIÓN "NADAL NO MEU COLE"

Este ano, a ANPA organizou un concurso de adornos de Nadal, e, a cousa está difícil todos eles son verdadeiras obras de arte.

CHEIRA A NADAL!!

Hai días xa que se respira aire de Nadal no noso cole. Os recunchos xa están decorados agardando a chegada de Papá Noel, e  a ANPA fixo unha fermosa árbore feita con fotos que aportaron as familias. Qué bonito está todo!





miércoles, 30 de noviembre de 2016

PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE: "A ÚLTIMA MOEDA"

Dentro das actividades do X aniversario da fusión dos centros escolares de Monte Porreiro, onte pudemos gozar da proxección da curtametraxe "A última moeda" dirixida por Fina Casalderrey e protagonizada por exalumnos do noso cole. Encantounos!
Ademáis a propia Fina agasallounos cun contiño para cada nen@.



viernes, 18 de noviembre de 2016

TEATRO MIGALLAS

Hoxe tivemos a sorte de gozar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo "Canta connosco", sendo esta a primeira representación despois da reedición do seu libro-disco que tanto gusta aos nos@s pequen@s.
Esta actuación está  enmarcada dentro do programa de actividades da conmemoración do X Aniversario da unificación dos centros de ensino público de Monte Porreiro,  por deferencia do Concello de Pontevedra.

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos!




miércoles, 9 de noviembre de 2016

ENTREVISTA A FINA CASALDERREY

O pasado xoves emitiron no programa "O gato con botas" da TVG unha entrevista a Fina Casalderrey.
Parte dela foi gravada no noso cole.
Premendo na imaxe, podedes acceder a ela e gozar escoitando a unha das mellores escritoras dos nosos tempos!
(para @s que non tendes moito tempo, ollade dende o minuto 36)


viernes, 28 de octubre de 2016

MAGOSTO 2016

Ete ano tocounos celebrar o Magosto!
Estabamos moi ilusionados agardando ao tren do castañeiro... pero cando baixamos ao patio, xa estaba alí!







As castañas estaban ben quentiñas! e degustámolas con moito gusto!







E toda festa ten que ter o seu baile!!!







martes, 4 de octubre de 2016

SUPERADO PERIODO DE ADAPTACIÓN!

@s pequeniñ@s do cole xa remataron o periodo de adaptación!
Agora si que o pasamos xenial no cole!


jueves, 1 de septiembre de 2016

COMENZO DO CURSO





O curso escolar 2016/17 dará comenzo o día 12 de setembro en horario de 08:55 a 13:55 horas, excepto para o alumnado de tres anos que se deberán rexir polo horario do período de adaptación (ata o 25 de setembro, incluido) que previamente se comunicará a estas familias, na reunión que terá lugar o martes 6 de setembro ás 12:30h.

Así mesmo os servicios de comedor e transporte escolar comenzarán a funcionar o día de inicio do curso para aqueles usuarios que o soliciten.

sábado, 25 de junio de 2016

GRADUACIÓN

Despois de compartir, xogos, risas, traballo e moito máis durante 3 anos, estes compañeiros/as xa deixan o noso cole de infantil para seguir crecendo e aprendendo no cole de Primaria... Botarémosvos de menos amig@s!




viernes, 24 de junio de 2016

FESTIVAL DE VERÁN

E para rematar o curso os nenos e nenas de 6º deleitáronnos con fantásticas actuacións. 
Aquí tendes unha pequena mostra:

6ºA
6ºB
 6ºC

martes, 21 de junio de 2016

TEATRO DA ANPA

E desta volta, o equipo da ANPA sorprendeunos cun precioso teatro,  "El monstruo de las emociones", gustounos moitísimo. Grazas!


lunes, 13 de junio de 2016

EXCURSIÓN DOS 5º!!

E da montaña ao mar. Os nenos e nenas de 5º curso visitaron, a semana pasada, o Museo do Mar de Vigo, onde aprenderon moitas cousas sobre o mar  que cobre as nosas costas e os "Vellos Mariñeiros".

viernes, 10 de junio de 2016

EXCURSIÓN DOS DE 4º!

O pasado venres, os nenos e nenas de 4º curso, pasárono xenial no ecoparque da Atalaia en Cotobade.
Aquí tendes unha boa mostra.


miércoles, 25 de mayo de 2016

OLIMPIADAS


Este venres, e para rematar o proxecto anual deste curso titulado Xogamos? imos celebrar unhas olimpiadas na Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Esperamos que vos animedes a vir para que vexades que deportistas temos no noso colexio.
Haberá cerimonia de inauguración, con antorcha incluída, competición en diferentes disciplinas e cerimonia de clausura.
comenzamos sobre as 09:30 horas.

domingo, 15 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Nada mellor que a actuación do alumnado de 4º e 5º de infantil  para conmemorar o día das letras galegas. 
Recitaron poesías en galego e fixeron uns divertidos bailes, tendo como público as súas familias.