viernes, 18 de diciembre de 2015

VISITA DE PAPÁ NOEL

Hoxe, na nosa escola recibimos unha visita moi especial. Para despedir o trimestre e dar a benvida ás festas de Nadal,  Papá Noel veu por todas as aulas a traernos uns xeniais agasallos... nótase que nos portamos moi ben!.
Como agradecemento, fixemos os xogos tradicionais que preparamos nas aulas, enmarcados no proxecto anual "Xogamos", e degustamos unha deliciosa merenda de doces de Nadal cortesía da ANPA.








 





Moitas grazas chicas!



TEATRO: TODOS XUNTOS POLO NADAL

Onte pudemos gozar da espectacular actuación teatral das mamás e papás da ANPA. Gustounos moitísimo!!!

jueves, 3 de diciembre de 2015

INFORMACIÓN DÍA NON LECTIVO

Infórmase ás familias do alumnado, que o vindeiro 7 de decembro non haberá clase por considerarse día non lectivo.

sábado, 31 de octubre de 2015

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS

O Concello de Pontevedra ofértanos unhas actividades para familias e para profes dentro do programa Apego. Nesta imaxe podedes ver algunhas delas. 
Parece moi interesante!

miércoles, 28 de octubre de 2015

XOGAMOS CO MEDO NO FINA CASALDERREY


PREPARANDO O SAMAÍN!

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega creáronse xogos LIM para cada un dos nivéis. Podedes xogar e aprender sobre o Samaín picando no seguinte enlace:

  http://finacasalderreyfina.blogspot.com.es/

 Tamén encontraredes cancións e contos cos que os nenos/as disfrutan moito.

martes, 1 de septiembre de 2015

REUINIÓN 3 ANOS

A reunión de inicio de curso para as familias do novo alumnado de 3 anos será o luns 7 de setembro ás 12:30 horas.

miércoles, 8 de julio de 2015

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016


  • 4º INFANTIL (3 anos): consultar color do mandilón no taboleiro do centro.
    • PIENSA CON NUBA. Nubarigenios 3 años.  Editorial Edelvives. 
      • 2º trimestre.        ISBN:978-84-263-8823-0
      • . 3º trimestre.      ISBN:978-84-263-8824-7
  • 5º INFANTIL (4 anos): 
    • MATEMÁTICAS. Educación Infantil - Editorial SM
      • Cuadernillo nº4:   ISBN: 978-84-675-5183-9
  • 6º INFANTIL(5 anos):
    • MATEMÁTICAS. Educación Infantil - Editorial SM
      • Cuadernillo nº5:   ISBN: 978-84-675-5184-6
      • Cuadernillo nº6:   ISBN: 978-84-675-5185-3

martes, 7 de julio de 2015

GRUPOS 4º EI

A distribución de alumnado por aulas será a seguinte, sempre respectando a orde alfabética.
4ºA: de CAL a MARTÍNEZ. Levarán mandilón de cadros grandes VERDE BOTELLA.



4ºB: de MEIS a VÁZQUEZ. Levarán mandilón de cadros grandes AZUL TURQUESA.

Pódese consultar o listado completo no taboleiro do centro.

martes, 23 de junio de 2015

¡FIN DE CURSO!

Rematamos o curso e despedímonos dos nenos de 6º que se gradúan con gran ilusión. Esperamos que nos lembren con moito cariño!



viernes, 19 de junio de 2015

ROMERÍA POPULAR

Para rematar o proxecto "Eu vivo aquí" e a actividade do presente curso escolar, celebramos unha romeria na que participamos nun circuito con diferentes xogos populares organizados por Anias (xestión e animación sociocultural), bailamos ao son de "Os gaiteiros da Rías Baixas" que nos acompañaron durante as actividades e comemos melindres coma en toda boa romería popular se precie.
Deixámosvos unha mostra fotográfica desta xornada, na que tanto disfrutamos, non sin antes agradecer a todas aquela persoas que colaboraron para que esto se levara a cabo neste entorno tan axeitado como é o Mirador de Monte Porreiro.Moitas grazas. 



¡MERENDOLA!

Hoxe é un gran día, remata o cole e os nenos o festexamos cunha gran merendola.



jueves, 11 de junio de 2015

¡UN DÍA DE ANIMAIS!

O venres día 5 de Xuño os nenos de 3 anos visitamos o zoo de Vigo, unha visita moi especial xa que poidemos ver todos os animais que traballamos na aula.





martes, 26 de mayo de 2015

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado xoves 21 celebramos o Festival das Letras Galegas coa actuación d@s alumn@s de 4º curso.
Ademáis as nais e pais do ANPA representaron unha obra de teatro moi divertida. As fotos reflicten o ben que o pasamos.
4ºA

4ºB

4ºC

Obra de teatro do ANPA



lunes, 25 de mayo de 2015

RECORTE DE PRENSA



Este domingo saímos na prensa informando do festival do alumnado de 4º nivel que celebramos no cole. 


UN NOVO RECANTO DE LECTURA



http://ocomeletras.blogspot.com.es/2015/05/un-novo-recanto-de-lectura.html

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "EU VIVO AQUÍ"




Quedou inaugurada a exposición de fotografía na
que participaron as familias do noso alumnado coa temática "Eu vivo aquí".
Os interesados/as poden visitala desde o 26 de maio ata o 5 de xuño, de MARTES a VENRES en horario de 13:30 a 14:00 horas.

:

 Primeiro premio:"O mirador"
Segundo premio:"O balneario"
Terceiro premio:"No Parque"













Mención especial do xurado para "Onde imos de paseo"





Os gañadores cun membro da súa familia reciben os premios da man do xurado. Estes tamén aproveitaron para inaugurar a exposición.



Noraboa aos gañadores en primeiro lugar pero tamén a todos os participantes aos que obsequiamos cun pequeno agasallo, e sen esquecernos das familias polo esmero co que realizaron as fotografías, poñéndollo moi difícil ao xurado. Moitas grazas.

lunes, 18 de mayo de 2015

A NOSA HORTA


Xa empezamos a ver os primeiros froitos na nosa horta. Hoxe tócanos ir  regar e quitar as  malas herbas.
O noso xardín tamén está florecendo, pero e que tamén temos unha xardineira moi pendiente...


sábado, 9 de mayo de 2015

ZUMBA





Un aplauso a estas mamás e papás da nosa ANPA que nos organizaron esta actividade da que tanto disfrutaron os nenos/as como se pode ver nestas fotos (bueno, tamén as profes...).

UNHA VISITA ESPECIAL

Este martes recibimos unha visita moi especial no noso colexio: UNHA OCA!!!
Manu encargouse de presentarnola porque é dun amigo seu.
Ao principio só a mirabamos de lonxe pero... acabamos facéndolle caricias. Ela púxose un pouco nerviosa con tantos nenos/as.
Carmen, a conserxe, encargouse de traerlle a merenda e de darlle de beber.
Que sorpresa levamos!!






RECEITANDO CONTOS

http://ocomeletras.blogspot.com.es/2015/05/receitando-contos.html

jueves, 7 de mayo de 2015

VISITA Á "CIDADE DAS ABELLAS"



O martes 28 de abril, @s alumn@s de sexto visitamos "Apípolis". Alí aprendimos moitas cousas sobre as abellas: como se elabora o mel, como facer velas coa cera e mesmo nos vestimos de apicultores para visitar o apiario!!









viernes, 24 de abril de 2015

"A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS"

O xoves 23 de abril, os nen@s de 4º e 5º de infantil fixemos unha saída ó teatro, onde bailamos, cantamos... e aprendemos moitos tipos de apertas.