martes, 2 de septiembre de 2014

COMENZO DO CURSO ESCOLAR 2014/15

    Informamos a todas as familias que o novo curso escolar comenza o mércores 10 de setembro co horario habitual ( de 08:55 a 13:55 horas) excepto para o alumnado con período de adaptación que verán reducida a súa xornada durante o período que abrangue do 10 ao 23 de setembro, segundo marca o calendario escolar elaborado pola Consellería de Educación.
 
     Recordamos tamén que dende este curso queda clausurada a entrada da parte superior do colexio, por orde do Concello de Pontevedra despois do acordo  tomado na reunión coa Dirección do colexio e coa Directiva da Anpa.  Como alternativa abriuse unha nova entrada pola rúa Grecia.
 

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º CURSO

O venres día 5 de setembro ás 12:30 horas, celébrase no colexio unha reunión para as familias do alumnado matriculado no 4º curso de Educación Infantil para o curso académico 2014/15.
Nesta reunión presentaranse as titoras de cada curso e tratarase entre outros o tema do período de adaptación e o horario correspondente a cada grupo.
É importante que acudades sen nenos/as.