jueves, 27 de junio de 2013

FELICES VACACIÓNS

Todas as profes do cole desexámosvos que pasedes un moi bó verán e que traiades moitas cousas que contarnos.
E unha despedida moi agarimosa para os que nos deixan e pasan a outra etapa educativa, que vos vaia ben!









jueves, 13 de junio de 2013

CI VUOLE UN FIORE

Animación realizada pola profe Lucía do traballo Ci vuole un fiore (queremos unha flor) feito polos nenos e nenas de 6ºA dirixidos pola súa titora, a profe Áurea.
Mirade que chulo!


martes, 11 de junio de 2013

VISITAMOS O COLE DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha visita ao cole de primaria para o que  iremos o curso que vén , o Marcos da Portela. Alí recibíronnos cunha obra de teatro por parte dese grupo de artistas da nosa anpa que, coma sempre, nos sorprenderon con outra obra orixinal de María Costas.
Tamén os nenos/as de primeiro de primaria  adicaronnos unhas cantigas e un rap. Fixéronno moi ben e aplaudímoslles moito.
Deseguido fixemos un percorrido polas instalacións do cole e visitamos a biblioteca, a aula de inglés, a de informática,a de música... pero o que máis nos gustou foi o ximnasio e o patio, no que xogamos un ratiño.
Ao marchar déronnos un pequeniño agasallo.
Vémonos o curso que vén!!

jueves, 6 de junio de 2013

VISITA AO ACUARIO DO GROVE

@S NEN@S DE 6º CURSO FIXERON O 25 DE MAIO UNHA VISITA AO ACUARIO DO GROVE, O PASARON EN GRANDE. 


FIXEMOS ESTE VIDEO PARA QUE LEMBREN O QUE APRENDERON SOBRE OS ANIMAIS MARINOS, E A IMPORTANCIA DE NON TIRAR  LIXO AO MAR

miércoles, 5 de junio de 2013

MAXIA NO COLE.

Queremos agradecerlle a Javier Muro a súa visita ao noso cole colaborando de forma desinteresada coa súa maxia, que nos deixou a todos coa boca aberta, e convertiu en magos por uns intres a algúns dos nosos nenos/as. Deixamos aquí unha pequena reseña do que nos fixo.