miércoles, 29 de mayo de 2013

LISTADO DEFINITIVO DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2013/2014

Dende o día de hoxe atópase exposto no taboleiro de anuncios da entrada principal do noso cole, o listado definitivo do alumnado admitido e non admitido de cara ao vindeiro curso académico 2013/2014. Recordamos que o prazo para formalizar a matrícula abrangue do día 20 ao 30 de xuño, e que a partires do 10 de xuño xa poderedes recoller o formulario de inscripción na conserxería do centro. Para formalizar a matrícula deberáse aportar: - 4 fotos actuais tamaño carnet - Certificado médico - Fotocopia do libro de vacinas - Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou outro seguro.

lunes, 27 de mayo de 2013

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas reunímonos no salón de actos do cole para asistir a un recitado de poesía galega, neste caso de Rosalía de Castro, polo alumnado de 6ºA e tamén á representación, por parte dun grupo de nais da ANPA, da obra "Un circo inesperado" creación orixinal de María Costas.
Foi unha sesión moi divertida na que cantamos todos xuntos e ata houbo lanzamento de confetti!!
Agradecemos, coma sempre, a adicación destas nais e o seu traballo.



miércoles, 8 de mayo de 2013

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/14

Informamos que dende o día de hoxe, mércores 7 de maio de 2013 están expostas no taboleiro da entrada principal do colexio, as listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido. Poderáse formular reclamacións no prazo de  cinco días hábiles contados dende hoxe.

Antes do día 31 de maio sairán as listas DEFINITIVAS que tamén se exporán no taboleiro para a súa consulta, e do 20 ao 30 de xuño faráse a formalización da matrícula.

jueves, 2 de mayo de 2013

BENVIDO MAIO!

Chegou o maio a nosa Escola da man dos pais e nais da Anpa.
Como cada ano esto non sería posible sin o seu traballo inestimable e a colaboración de todas as familias que aportan os diferentes elementos que se precisan para a súa elaboración.
Queremos recoñecer a súa habitual disponibilidade.
Debemos tamén agradecer a visita de compañeiros/as e alumnado do Cep Marcos da Portela que viñeron cantarnos unhas coplas ao redor do noso maio.
Benvido Maio!!